O Concello de Ribeira, está divido en 9 parroquias: Palmeira, Oleiros, Ribeira, Castiñeiras, Aguiño, Carreira, Artes, Olveira e Corrubedo.
É a cabeceira da comarca do Barbanza ao sur da provincia da Coruña e beira norte da Ría de Arousa. Ribeira está habitada dende a prehistoria, como testemuñan o Dolmen de Axeitos, construído hai máis de 5000 anos, ou o menhir de Bretal. O petróglifo da Pedra das Cabras data da Idade dos metais e o asentamento do Castro da Cidá é un exemplo das aldeas que aquí exisitían no primeiro milenio antes de Cristo. Da chegada dos romanos quedaron como mostra lápidas funerarias na parroquia de Olveira e materiais cerámicos recollidos na illa de Sálvora.
Na Idade Media, dende finais do século XI, existe a freguesía de Santa Uxía pero e o topónimo Ribeira recóllese no ano 1387, “Santa Ougea de Ribeira”. A partir deste momento medra a vila grazas á actividade pesqueira e no ano 1906 concédeselle o título de cidade. Ademais desde 2001 está considerado Municipio Turístico Galego.