Santiago, capital de Galicia e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, é a meta do Camiño de Santiago. Peregrinos de todo o mundo percorren  a ruta e buscan cada Ano Santo o Xubileo.

Cidade Santa fai mil anos e cidade universitaria fai máis de 500, Santiago é hoxe unha urbe viva e monumental, feita para pasear. É obrigado coñecer a Catedral, a Fachada do Obradoiro e o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo, subir as súas cubertas, visitar o Apóstolo Santiago, ver en funcionamento o botafumeiro, a Porta Santa na praza da Quintana, a Colexiata de Sar ou a Cidade da Cultura.

A Catedral é a obra máis importante da arte románica en España.

En 1075 iniciouse a súa construción, con planta de cruz latina e torres que vense dende lonxe. É interesante visitar, o Museo do Pobo Galego, o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo das Peregrinacións…

Conta con espazos verdes como a Alameda, onde están as dúas Marías ou o parque de Bonaval. Non nos podemos esquecer da Cidade da Cultura e o seu entorno.