Sarria é unha vila do interior da provincia de Lugo, situada no val do río Sarria, a 115km de Santiago de Compostela polo Camiño Francés; este é un dos motivos polos que moitos peregrinos de diferentes nacionalidades elixen Sarria para iniciar a peregrinación a pe, e poder conseguir a Compostela.

O Camiño pasa polo seu casco histórico, onde se poden ver monumentos destacados como a Torre da Fortaleza, único elemento conservado dunha antiga fortificación militar construída  no século XIII e derribada na Revolta Irmandiña , situada na parte mais alta da vila, ou o Mosteiro da Madalena, fundado no século XII para dar acollida aos peregrinos. Ao carón da Torre da Fortaleza atópase o Mercado gandeiro onde se celebran as feiras de gando o 6, 20 e 27 de cada mes.

Actualmente, Sarria, é unha localidade moderna e dinámica, con unha variada oferta comercial, cultural, deportiva e de ocio. Existen zonas destacas de lecer como a Praza da Vila, o Paseo do Malecón ou o Parque do Chanto.