A “Cidade olívica” conserva restos que demostran asentamentos dende o 2000 a.C.: dolmens, mámoas, achados da Idade de Pedra e do Neolítico, castros… sen embargo foi na época do emperador Augusto cando Vicus Spacorum foi transformada en cidade estipendiaria, adscrita á provincia de Lusitania.
Xa na época romana constituía un importante núcleo marítimo e industrial, quedando vestixios como: Alcabre ou Toralla, restos de instalacións portuarias, salinas, fábricas de salgado, necrópoles, restos subacuáticos…
A Idade Media foi unha época marcada polas incursións da piratería procedentes do norte de Europa, obrigando a construír en 1656 as murallas da cidade e do Castelo de San Sebastián.
En Vigo é posible ler a súa historia a través da arquitectura: A orixe mariñeira, o esplendor señorial do século XIX, o racionalismo na cidade moderna ou o vangardista Vigo de hoxe nas recentes construcións.
Vigo é unha cidade industrial, turística e de servizos. A súa economía está principalmente baseada no sector industrial e no pesqueiro. Os outros sectores base son, o comercio e o turismo cuxo polo de atracción son as fermosas Illas Cíes que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.