Vilagarcía, é a principal cidade da Ría de Arousa e porto natural de Santiago de Compostela, Polas súas características xeográficas, é un foco de atracción para moitas persoas, que escollen esta cidade para fixa-la súa residencia, xa sexa primeira, segunda ou de vacacións.

Conta cun apreciable patrimonio histórico. Destacan o Pazo e o Convento de Vista Alegre, catalogado como Monumento Nacional, e situado no centro da cidade, e o Pazo de Rubiáns, que contan cun Xardín de Excelencia Internacional. En Carril atópase a Illa de Cortegada, integrada no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, que posúe o maior bosque de loureiro de Europa. É unha cidade moi dinámica. Na súa ampla zona peonil se atopan moitas cadeas internacionais de moda e complementos xunto con comercios tradicionais. En agosto celébrase as Festas de San Roque, que inclúe a Festa da Auga, e que están declaradas de Interese Turístico Nacional.