O Concello de Monforte recuperou no 2015, logo de tres anos sen realizarse, a celebración da feira de artesanía local Artelemos. Artelemos ten como obxectivo principal dinamizar a artesanía local e dar ambiente á cidade. Durante os días de celebración, multitude de visitantes achéganse a ver os stands e gozar das demostracións e talleres. Ademais de exaltar a artesanía local, cada ano acoden artesáns de fóra que aportan novos produtos e novos modos de facer, o que contribúe a seguir consolidando esta cita tan importante para Monforte de Lemos.
A mostra de artesanía celébrase durante 6 días na Rúa do Cardenal en horario de mañá e de tarde. Este ano 2024 as datas son do 5 ó 10 de agosto e contará con 30 postos de artesanía.
Os diferentes stands mostran unha ampla variedade de disciplinas artesanais: Olería de Gundivós, coiro, cestería, madeira, lousa, cerámicos, xoiería, xoguetes e monicreques, complementos de moda entre outras propostas.
Artelemos ofrece unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade. A mostra complétase con demostracións nas que ver traballar aos artesáns en directo e obradoiros para cativos e mozos/as que durante tódolos días vanse ofertando.