Unha oportunidade única para viaxar aos tempos de Jesús.

Ao redor de 800 participantes dan vida a unha historia antiga e sempre nova. Cunha superficie duns 30.000 metros cadrados e máis de 90 escenas, o belén de Priscos inclúe referencias ás culturas exipcia, xudía, romana, asiria, grega e babilónica.

Non faltan moitos dos oficios que existían na época de Jesús: ferreiros forxando e amornando ferro, zapateiros remendando sandalias rotas, aserradores cortando leña, campesiños organizando as súas ferramentas de traballo, tejedoras no tear fiando fíos de la, oleiros moldeando arxila, panadeiros amasando masa de pan, entre outras moitas escenas de época, e, por suposto, a familia de Nazaret sendo unha familia fronte ás sombras do seu tempo…

Os visitantes poden gozar dunha ampla oferta gastronómica nas distintas casas das «vilas dos xudeus e os romanos». Poderán saborear «pan de César», «hidromiel», «posca», castañas asadas, auga-pé, café en pota, doces xudeus, pan romano, guindas, doces de Roma e o famoso pudin «Abade de Priscos».

Na súa 17ª edición, o belén vivente máis grande de Europa poderá visitarse os seguintes días:

15 de decembro: de 11.00 a 18.00 h.
22 de decembro: de 15.00 a 18.00 horas
25 de decembro e 1 de xaneiro: de 16:00 a 18:30 horas
29 de decembro: de 15.00 a 17.30 horas
4 de xaneiro: de 20.00 h a 22.30 h

A entrada é gratuíta até os 16 anos e o resto de entradas xerais custan cinco euros.

Máis información dispoñible en http://presepiopriscos.com/