A Praza Camões, en pleno Centro Histórico, transformase no epicentro de Bragança, Terra de Nadal e de Soños.

O espazo inclúe unha pista de xeo cuberta, cun funtrack e unha Casa do Pai Nadal, onde o afable e simpático velliño barbudo recibe as cartas de nenos e adultos. O programa contén actividades para os máis pequenos, unha Mini Noria, un carrusel e columpio, tren infantil, concertos de música e Mercado de Nadal nunha carpa, con chocolate quente e outras delicadezas, que van encher a verdadeira e xenuina Terra Nadal e de Soños.