Este taller convídalle a coñecer a historia do cavaquinho, comprender a súa construción, o calibre das cordas, a técnica, o tipo de repertorio e mesmo a amplificación.
Tamén poderá escudriñar todas as perspectivas do cavaquinho, entender como mantelo afinado e extraer del o seu son único, coa técnica do rasgado co pulgar e a arte de tocar simultaneamente harmonía, melodía e ritmo.
Daniel Pereira Cristo dedicou a súa vida ó estudo do tetracordio popular e outros cordófonos tradicionais e foi transmitindo os coñecementos que foi acumulando ó longo dos anos nos seus sempre interesantes talleres de cavaquinho e música tradicional.