Este concerto, ás 21.30 horas, está protagonizado pola Banda Sinfónica Portuguesa.
Con sede na cidade do Porto, a Banda Sinfónica Portuguesa tivo o seu concerto de debut o 1 de xaneiro de 2005 no Rivoli, Teatro Municipal do Porto, onde tamén gravou o seu primeiro disco.
Ó longo dos anos actuaron nas salas de concerto máis importantes de Portugal, e o seu repertorio para a formación sinfónica abarca desde arranxos clásicos até obras orixinais e moitas estreas contemporáneas de compositores como Luís Tinoco, Sérgio Azevedo, Carlos Azevedo, Luís Carvalho, António Victorino d’Almeida, Fernando Lapa, Daniel Moreira, Jorge Salgueiro e Pedro Lima, entre moitos outros.

Consulte aquí o programa