É a festa oficial do Concello de Sarria e celébrase o domingo seguinte ao Corpus Christi. A víspera realízanse alfombras florais na Rúa Maior, desde a Igrexa de Santa Mariña ata a Igrexa de San Salvador, para que sobre elas pase a procesión.

A elaboración das alfombras é un traballo duro e arduo pero reconfortante, no que todo o que o desexe é ben recibido. Son moitas as persoas, incluídas as peregrinas e peregrinos, que echan unha man ese día, pero o traballo previo, de deseño e preparación do material precisa moitas horas e esforzo, polo que a colaboración previa, de polo menos un mes antes, é benvida por parte das alfombristas sarrianas.

Se queréis participar na elaboración das alfombras podéis chamar ao +34 982 535 000.