O Teatro do Bairro presenta Construção no Teatro Circo, unha obra baseada en Três Dramas Históricos, triloxía escrita por Gertrude Stein en 1930 e publicada no libro Last Operas and Plays. A escritora do «presente continuo» preséntanos un pasado que se renova a través dun xogo no que se utilizan vellas tradicións para inventar novas formas dramáticas. O estilo da dramaturga é emblemático da súa procura por revivir un pasado perdido no «agora» da acción, onde emerxen voces ausentes/presentes. Esta encarnación paradoxal de «voces puras» nas «obras de memoria» de Gertrude Stein achanda o camiño para unha reflexión sobre o significado de «ser» no presente.