Por onde discorre o Río Este? Que nos mostra ó longo do seu curso e que ten que dicirnos sobre o noso espazo público e a nosa forma de entender o coñecemento, a alimentación, o traballo e o lecer?

Para responder a algunhas destas preguntas, creamos Encontros co Río, que ten lugar en tres lugares diferentes de Braga, sempre xunto ó río Este. A través de xogos e procesos creativos guiados polo colectivo Garda Rios, entenderemos o ciclo da auga e escoitaremos ó río Este na súa relación coa cidade e a xente de Braga.