O Entroido, é unha das nosas festas máis importantes. Comeza o xoves de comadres (no que todos deben saír vestidos de muller) e continúa o sábado, domingo co seu tradicional desfile, o luns, martes (festivo local) e remata o mércores co Enterro da Sardiña. Non esquezamos os entroidos singulares dos núcleos rurais, como As Pitas en Eiroás e Paquita e Nicanor en Seixalbo.

Non hai que esquecer que o Entroido ourensán tamén é gastronomía, coa súa carta típica desta tempada, na que destaca o cocido galego (con todo tipo de porco) ou, de sobremesa, as orellas doces.

Ata que comeza a Coresma o Enterro da Sardiña, cun cortexo fúnebre de loiteiros que se despiden deste peixe, en Ourense pódese ver como é unha perfecta fusión do entroido urbano co rural máis tradicional; poderás ver desfilar as Pitas, a máscara local; ou poder coñecer a particular tradición da confraría Frei Canedo no barrio da Ponte.