Xa no século XIV documentáronse feiras xunto á desaparecida ermida de Santiago do Mercado, e posteriormente a carón da Fortaleza. En 1487 os Reis Católicos concederon á Pobra de Sárria o beneficio dunha Feira Franca anual.
Os seus herdeiros son as actuais e concorridas feiras mensuais dos días 6, 20 e 27 de cada mes ao longo do ano. FEIRA DO 6 (desde 1890), FEIRA DO 20 (desde 1820) e FEIRA DO 27 (1946). Ademais do mercado e da exposición e venda de gando, pódese degustar o pulpo á feira e outros manxares en varios postos de pulpeiras tradicionai,s instalados nos pendellos e tamén nos postos de rúa e nas tendas de alimentación da vila.