A Feira do Cocido é a exaltación dun dos pratos singulares da gastronomía galega. Inicia a súa andaina o ano 1968 co obxectivo de exaltar e dar a coñecer a comarca como referente na produción de cárnicos de calidade e de excelentes produtos do campo.
Co paso dos anos converteuse nunha das principais festas gastronómicas de Galicia conseguindo ser declarada Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2020, a primeira festa gastronómica en España que consegue este recoñecemento.
A Feira conta cun amplo programa de actos e actividades que teñen lugar no primeiro trimestre do ano e cuxo día grande se celebra cun vistoso desfile de carrozas, charangas e comparsas e a lectura do pregón a cargo dalgún personaxe recoñecido.