A feira do libro de Monforte, celébrase durante a última semana do mes de Agosto. As casetas instálanse na rúa Cardeal e están abertas en xornada de mañá e tarde. O público asistente pode gozar de presentacións de libros, actividades infantís e sinaturas de obras por parte dos seus autores, ademáis de poder mercar unha ampla oferta de libros.