A Feira Medieval celébrase a fin de semana de Semana Santa, sábado e domingo de Gloria e é un verdadeiro atractivo turístico. Durante dous días monfortinas e visitantes pasean as rúas e prazas da zona vella vestidas de época e participan das diferentes actividades. Os postos de artesanía e gastronomía decoran as rúas e sucéndese os espectáculos de cetraría, malabares con lume, tiro con arco, actividades infantís, actuacións musicais….

Na Praza de España onde se instala o Campamento Medieval temos un dos escenarios principais, outro punto de actividades é o adro da Régoa e no campo de terra dos Escolapios desenvólvense as Xustas Medievais onde se dan cita os señores e o pobo para ver loitar aos cabaleiros,

Os restaurantes ofrecen tapas e menús medievais e as rúas decóranse para a ocasión, convertendo a Monforte nunha cidade medieval digna de visitar e desfrutar.