É unha das feiras de antigüidades e restauración máis importantes de Galicia. O evento consiste nun mercado de mobles antigos de varios estilos, obxectos de decoración antigos, obxectos de colección e todo tipo de antigüidades. Compleméntase con exposicións artísticas, obradoiros e xornadas de portas abertas.