En agosto celébrase A Festa da Historia, que ten como escenario incomparable o castelo de Bragança.
Nestes días é posible asistir a diversos espectáculos, incluidas procesións e torneos, asi como participar en xogos medievais, obradoiros, demostracións de gastronomía medieval ou visitas guiadas. Máis dunha ducia de empresas de recreación e áreas temáticas, e centos de profesionais implicados, ofrecen unha festa memorable que celebra a Historia de Portugal.