O polbo é un dos productos máis coñecidos da gastronomía galega. Este cefalópodo é moi apreciado tanto polos veciños como polos visitantes, polo que é honrado facéndolle unha gran festa na que poder degustalo. Dende o ano 2014, Palmeira, cítase anualmente no seu porto para esta exaltación gastronómica, el é o protagonista, pero non ven só, disfrútase acompañado doutras exquisiteces habituais das cociñas galegas.
Palmeira, recibe cos brazos abertos a Manuel Veloso, un dos polbeiros máis famosos de Galicia, que é o encargado de preparalo.
Para amenizar este evento cabe destacar outras actividades como os pasarrúas, exhibicións deportivas e diversas actuacións musicais .
A diversión e o bo comer están garantizados nesta festa gastronómica.