O segundo sábado de agosto comezan en Pontevedra as Festas da Virxe Peregrina, na honra da patroa da provincia. Unha data que marca a saída da semana grande da cidade.

A Alameda e a avenida da Raíña Vitoria énchense de atraccións de feira, os concertos e espectáculos enchen de música e diversión as rúas e prazas do centro histórico que se converten no escenario perfecto: praza de España, praza de Teucro e praza da Ferraría entre outras. Ademais, o programa se completa con citas deportivas e relixiosas. Estas festas ofrecen unha ampla variedade de actividades e eventos pensados para todos os públicos. Entre eles destacan a batalla de flores, a procesión da Virxe Peregrina e a ofrenda floral, os Fogos artificiais e os concertos e espectáculos na rúa e gratuítos.