As Festas Gualterianas naceron como feiras ao aire libre na honra de San Gualter e celébranse en Guimarães dende 1906, sempre a primeira fin de semana de agosto.

Milleiros de guimarenses e visitantes achéganse á cidade onde naceu Portugal para participar nos distintos actos que conforman as Gualterianas, entre os que destacan o tradicional e espectacular Desfile do Liño, a Batalla das Flores e a Marcha Gualteriana.