O Festival Guimarães Allegro é o resultado dunha estratexia cultural co obxectivo claro de revitalizar a música culta, nome que recibe a principal variedade musical producida ou arraigada nas tradicións da música secular e litúrxica occidental, e espallar a súa opulencia estética entre a comunidade, dotando á cidade e á comarca dun evento de carácter cosmopolita e diferenciado.

Os vínculos existentes entre a comunidade e as artes escénicas ofrecen ó proxecto unha oportunidade exclusiva para dar a coñecer e reinterpretar o coñecido Patrimonio Construído, permitíndolle romper coas barreiras e o formalismo tradicional asociados a este contexto.

A implicación das asociacións artísticas do municipio na construción de pautas de programación permite o intercambio de experiencias artísticas e fomenta a creación multidisciplinar.