Do 2 ao 18 de maio, o solemne son do órgano volverá percorrer a cidade, mostrando toda a beleza do patrimonio de Braga, material e inmaterial, na Catedral e nalgunhas das súas igrexas.

Esta 11ª edición do Festival Internacional de Órgano de Braga, baixo o lema «O órgano e o vento», pon de relevo os impoñentes «instrumentos rei», algúns con preto de 300 anos de antigüidade e cuxo elemento común é o aire «soprado» para producir o son, levando ó escenario diversos instrumentos de vento.

Nesta edición, teremos a oportunidade de coñecer instrumentos que nos son familiares, como a frauta, o clarinete, o oboe, a trompa ou a trompeta, pero tamén de entrar en contacto coas insólitas cornettas e charamelas. Tamén haberá tempo para escoitar por primeira vez o sheng, un antigo instrumento chinés, as trompas alpinas e mesmo o chifre.

Consulte o programa completo do Festival en www.festivalorgaobraga.com