Lendas vivas do rhythm & blues británico, Dr. Feelgood traen ao Festival Nova Arcada Braga Blues a súa enerxía crúa e inconfundible. Cunha carreira que abarca décadas e unha reputación forxada en escenarios incendiarios por toda Europa, a banda mantén viva a chama do pub rock co seu son directo, contaxioso e cheo de actitude. Guitarras cortantes, grooves explosivos e unha presenza irresistible no escenario fan deste concerto uno dos momentos álxidos do Festival, puro rock’n’roll con alma blues, sen concesións.