A natureza é a protagonista das celebracións coas que a cidade de Ourense dá a benvida á primavera: a festa dos Maios, declarada Festa de Interese Turístico en Galicia. Durante a mañá do primeiro domingo do mes de maio, as rúas do centro histórico de Ourense enchense de cor e ledicia coa aparición dos maios, unhas singulares esculturas vexetais realizadas a mán e creadas expresamente para este día.
As creacións máis tradicionais superan o metro e medio de altura, e poden ser cónicas ou piramidais, evocando as siluetas do monte, porén tamén existen cruceiros que lles infunden un aire cristián a estas figuras de orixe pagá. Actualmente poden atoparse maios máis artísticos, de temática libre, que van desde personaxes e esceas tradicionais ata monumentos ou incluso temas de rigurosa actualidade.
Cativos e adultos custodian os seus maios e acompañan as súas creacións co canto de coplas, que a tradición manda vender a cambio dun aguinaldo.