O percebe é un dos produtos estrela da gastronomía da poboación de Aguiño. A súa importancia fai que cada ano a finais de xullo se lle dedique unha festa homenaxeando a súa excelente calidade. O escenario elixido para a celebración é o porto de Aguiño, lugar de desembarco do crustáceo acabado de capturar.

A degustación do percebe, acompañada doutros manxares da terra, é o prato principal desta cita gastronómica e lúdica. Ao mesmo tempo, os comensais poden gozar dunha mostra de folclore galego coa actuación de grupos tradicionais de música entre outras actividades, como a declaración dos Percebeiros de honra dese ano.

Bo apetito e ganas de diversión son os ingredientes precisos para acudir a esta cita imprescindible no calendario galego de celebracións do verán