Esta festa gastronómica estase a converter nun clásico do verán na comarca. Organizado pola asociación ADTL A Pedrosa, cumpre xa máis de dez anos.

Acompañado de cachelos e pementos, o polo do picantón é o protagonista deste evento. Celébrase no mes de xullo, na primeira quincena, na parroquia de Orro.

A xunta directiva da Agrupación Deportiva e de Ocio “A Pedrosa” é a entidade encargada de organizar o “Festival do Polo Pedrosiano”. “Polo Pedrosiano”. A xornada remata cun baile con diferentes actuacións musicais.

As racións que se repartirán durante a xornada están compostas por un polo picante, pan e viño. Será gratuíto para os socios da asociación e terá un prezo reducido para as persoas alleas á asociación que queiran participar neste evento.