Emprendemos unha viaxe de tres días na que compartiremos, crearemos e viviremos grandes experiencias.
Tres días con espazo para música, viaxes, literatura, actividades para nenos e nenas, onde poderás falar, compartir e coñecer aos verdadeiros protagonistas das súas historias arredor do mundo.
Ubicado en plena natureza e á beira do río Xuvia en Narón, A Coruña, Gulliver Fest ofrece unha conexión entre música, viaxes, natureza e o deporte para deixar voar as vosas almas viaxeiras en busca de novos destinos.
Nun lugar privilexiado como é a Área Natural Muíño de Pedroso – Camping Río Xuvia contarás ademais con zona de camping e unha zona camper para autocaravanas, caravanas e furgonetas camper.