sábado 8 de xuño volve a Holi Gaiás á Cidade da Cultura e vén con novidades, porque temos preparada unha Peque Holi para a cativada entre 4 e 9 anos!! A sexta edición desta carreira lúdica, familiar e festiva xa está en marcha para que poidades gozar en familia ou coas amizades dunha proba deportiva na que un dos máximos atractivos é enzoufarse na súa tradicional poeira de cores durante o percorrido e no fin de festa.

A actividade está pensada como opción para a práctica saudable e para pasar un tempo agradable cheo de diversión nun espazo tan vistoso e singular como é o monte Gaiás.

Patrocinada por Viaqua e coa colaboración da Federación Galega de AtletismoGadis e Coca-Cola, a Holi Gaiás trae á Cidade da Cultura o seu espírito festeiro e nada competitivo, no que o importante non é gañar, senón celebrar as últimas semanas dunha estación como a primavera cunha explosión de música e de cores, inspirada no festival Holi da India.

A proba conta, ademais, con animación previa e posterior, cun quecemento animado con música e baile e un fin de festa tamén musical.