O Festival de Jazz da Praça da Erva, organizado polo Concello de Viana do Castelo, é o festival de jazz máis antigo do Norte de Portugal con 33 edicións consecutivas, e ademais é o terceiro máis antigo a nivel nacional. Este Festival mantén un lugar de prestixio no panorama do Jazz nacional e peninsular.
Nos seus escenarios actuaron os máis importantes músicos de Jazz, así como novos proxectos. Durante o Festival celébranse exposicións, coloquios, obradoiros e Jam Sessions.