O mellor da música portuguesa pasa por Maia
Dende o 9 ao 12 de maio, a Área de Cultura do Concello de Maia promove outra edición do Maia Fest Music que levará ao escenario do Gran Auditorio do Foro Maia a outros catro grandes nomes da música portuguesa. No concerto inaugural teremos a Sara Correia, nunha nova xira cdeste fenómeno musical. Ao día seguinte, venres, Ivandro, un dos artistas máis escoitados e queridos de Portugal. O sábado 11 de maio Jimmy P, coa participación especial do coro do Conservatório de Música da Maia Ensemble Vocal Notas Soltas. O festival pecharase, un ano máis, cun nome ineludible na música portuguesa e o novo espectáculo de Fernando Tordo para celebrar abril. Abril, que respira tantas das súas cancións, é o punto central deste novo concerto – “50 Anos de Abril. Parabéns para nós”.