”Mar Adentro” é un concerto irrepetible que marca a apertura oficial de Viana 2025 – Capital da Cultura do Eixo Atlántico. Este espectáculo celebra e honra o rico patrimonio cultural do noroeste da Península Ibérica, unindo pasado, presente e futuro nun acto de comuñón artística. Desde as súas orixes castrexas e galegos até a época contemporánea, Mar Adentro é unha viaxe sonora e visual a través de séculos de tradición e identidade compartida.
Con case un centenar de artistas en escena, o evento estará conducido por Daniel Pereira Cristo e conta coa dirección artística e musical de Hélder Costa. O espectáculo acentúa a súa dimensión internacional, e a ponte con Galicia, a través da participación do aclamado músico galego Xabier Díaz e a implicación da comunidade cultural de Viana. O concerto pon de relevo a diversidade artística de Viana, coa participación de ARTEAM, AGFAM, EVIC, Teatro do Noroeste e a artista Malva.
«Mar Dentro» é unha homenaxe á forza cultural de Viana do Castelo e de toda a rexión do Eixo Atlántico. Nesta encrucillada de tradición e modernidade, celébrase a identidade compartida que define a esta rexión. Un espectáculo único onde a cultura é un mar aberto de posibilidades e encontros.
Hora: 19h00