Rimadora, compositora, intérprete, pintora e educadora, Muleca XIII comezou a súa carreira no rap e o grafiti en 2006 e é un dos nomes crave do hip hop portugués.

A súa marca distintiva é a métrica fastflow de gran profundidade, sen escatimar en calidade melódica, e está especializada na rima de estilo libre. Os temas sociais e políticos adoitan formar parte da súa arte.

Nun concerto que marca a estrea do ciclo Cindy’s Sisters, dedicado ó hip hop feito por mulleres, Muleca XIII fai un percorrido pola súa carreira, desde as súas primeiras cancións até as súas colaboracións máis recentes.

A artista é tamén membro do grupo de grafiti NovaDezordem e, na tarde anterior ó concerto, organiza un taller de grafiti aberto ás mulleres de Braga.