Programada para os próximos días 6, 7 e 8 de setembro, e vestindo de branco á cidade, o evento Noite Branca fomenta a cultura e as artes nun ámbito urbano, sendo unha das iniciativas máis importantes da cidade de Braga.
Ao longo dos últimos anos, a Noite Branca aglutina as distintas asociacións culturais da cidade, impulsando diversas accións na rúa, como teatro, danza e outras instalacións artísticas, converténdose así nun firme exemplo da capacidade de rexuvenecemento de Braga.
Poñendo en valor o seu Patrimonio e Monumentos, organízanse visitas diurnas e nocturnas a museos e outros espazos culturais de referencia, desenvolvendo diversas dinámicas xuvenís, con visitas especiais para a xeración máis nova, exposicións singulares e actuacións innovadoras.
Os concertos son o prato forte da programación, con artistas nacionais e internacionais en cartel.