Oenach, verba de orixe indoeuropea, que ven a significar algo así como “lugar de encontro da comunidade”, representa etimoloxicamente o contido deste EVENTO CULTURAL. Baixo un formato de encontro ou reunión nun lugar común, o Oenach Atlántico logo de once anos de traxectoria, tenta seguir sendo fiel a súa vocación inicial baseada en tres eixos:
- Achegamento do patrimonio cultural galego á cidadanía dende enfoques didácticos carentes de eruditismos, pero nutríndose nas fontes da investigación.
- Traballo coa poboación, o través dun proceso de participación da propia cidadanía na recreación.
- Estruturación dun evento integrador de diversos ámbitos ou áreas do patrimonio cultural: recreación teatral popular, artesanía, etnografía musical tradicional e novas tendencias, mostras de gandería autóctona – xornada gastronómica produtos autóctonos- (economía rural), deporte rural e xogos tradicionais, mostras museísticas e recreacións sobre cultura castrexa.
Por tanto o Oenach Atlántico, que se realiza na antiga Feira do Trece, conta cunha asistencia media mantida o longo dos últimos once anos por riba dos quince mil asistentes, e na que participan arredor de cen persoas da parroquia na que se ubica (Sedes), estase a converter nun referente etnográfico e cultural da provincia de A Coruña.