Mergullando no vasto acervo fotográfico do Arquivo Municipal de Braga, desencadéanse unha serie de reflexións sobre a presenza e a ausencia das mulleres nestas fontes da historia.

A charla marca simbólicamente o Día Internacional da Muller e o inicio do proxecto do mesmo nome, promovido polo Arquivo Municipal de Braga, con dirección artística do colectivo PELE, que se desenvolverá de marzo a setembro. Esta iniciativa pretende implicar á comunidade local de maiores en procesos de reflexión, debate e creación colectiva, a partir do arquivo fotográfico da cidade.