En Ferrolterra celébrase todos os veráns o Pantín Classic Galicia Pro (www.pantinclassic.org), campionato internacional de surf xestionado polo Club Praia de Pantín desde o 2008. En 2009 o Pantín Classic é nomeado mellor evento deportivo de Galicia pola Xunta. Xa en 2010 Pantín convértese, xunto con Azores, na única praia de Europa na que se celebran simultaneamente unha proba masculina e feminina WQS 6 estrelas.
No ano 2024 o evento celebrarase do 24 de agosto ao 1 de setembro de 2024 na Praia de Pantín, Valdoviño, coa Copa do Mundo de Surf Adaptativo os días 24 e 25 de agosto; as Probas de Clasificación do 24 ao 26 de agosto, para clasificarse aos Comodíns que abrirán as portas para competir na proba principal da WORLD SURF LEAGUE do 27 de agosto ao 1 de setembro.
Por outra banda, o público tamén poderá gozar de grandes zonas de consumo, concertos, probas gratuítas de surf e skate, stands, obradoiros e unha zona gastronómica moi ampla.