Dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro de cada ano o río Cabe é escenario durante tres meses de verán dunha interesante e divertida proposta de verán, o Concello de Monforte pon en marcha a mesma a través do Club de Piragüismo Quixós, que se encarga da xestión da actividade.
O punto de saída dos percorridos é o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo, dunha duración de media hora, custa 3,25 euros.
A capacidade máxima das barcas será determinada polo encargado do servizo.
Os usuarios contan con chalecos salvavidas, se son solicitados.