El (s8) converte A Coruña no centro mundial do cine de vangarda do 31 de maio ao 9 de xuño. Estreas, obras inéditas, referencias internacionais convidadas, retrospectivas únicas en Europa e unha clara aposta polas novas xeracións de artistas fan da (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférica da Coruña o momento e o lugar para virar a cabeza (e ver). Os seus directores, Ana Domínguez e Ángel Rueda, destacan o poder creativo das cineastas que inunda maioritariamente toda a programación.