Do 15 ao 24 de novembro, a Literatura será o punto de partida de charlas, obradoiros, espectáculos, sesións cos centros escolares, andainas literarias e outras actividades previstas no II Festival Literario de Braga, UTOPÍA.

O festival literario Utopía estreouse en 2023 e, cunha soa edición, xa é o segundo máis importante de Portugal. O programa do festival desenvólvese ó longo de dez días na cidade de Braga. Escritores, artistas, músicos e outros convidados conforman unha programación multidisciplinar para todos os públicos. Baseado no concepto de Utopía, o programa ofrece charlas, entrevistas en directo con personalidades de recoñecido prestixio, obradoiros para familias e mozos, cursos e masterclass, podcasts en directo, espectáculos e presentacións de libros.

Máis información en https://festival-utopia.pt/