A mesa ourensá reúne o mellor das diferentes tradicións culinarias de Galicia: da costa adoptou a paixón polo polbo, e do interior o gusto polas carnes e as verduras da horta. Moitos dos produtos máis recoñecidos da gastronomía galega prodúcense aquí, varios deles protexidos con Denominación de Orixe: o pan, a carne, as patacas, os viños…
#Saboresdeourense, alén dun concurso anual de tapas, é un selo de calidade co que celebrar e dar a coñecer o mellor da nosa cociña: a sabedoría dos nosos profesionais e a calidade das materiais primas.
Un mordisco apetecible e un hashtag para compartir polo mundo adiante.