Separados pola auga, pero unidos pola lingua, os costumes e a cultura… Portugal e Galicia volven unirse nunha nova edición do Festival Converxencias, que terá lugar do 3 de febreiro ao 15 de marzo en Braga, Padrón, Ponteareas, A Estrada e Santiago de Compostela.
Desenvolvido polo grupo Canto D’aqui, en colaboración co Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, este evento conta co apoio do Concello de Braga e da Xunta de Galicia.
Da música á danza, do teatro ó cinema, e salpicado de momentos de conversación e poesía, contará con nomes como Ricardo Ribeiro, Uxía, Canto D’Aqui, Grupo Muíños de Oliveira de Ponteareas, Rusga de São Vicente, entre outros.