O programa conta con máis de cen actividades que se van organizar con preto de cincuenta asociacións participantes e nas que o Concello tamén contribúe con diferentes accións organizadas polas distintas áreas municipais.
Tamén conta con presentacións literarias, accións interxeracionais como as festas de Bandourrío ou Artes, obradoiros e actividades infantís, as clausuras de escolas deportivas como patinaxe ou ximnasia rítmica, contacontos no Lustres Rivas, accións musicais a cargo do conservatorio municipal, concertos, charlas e coloquios, clases abertas de baile, e proxeccións audiovisuais.