A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, programa con xa 28 anos, estimula a creación artística de artistas, que no Noroeste Peninsular constitúen unha contribución extraordinariamente viva e dinámica no panorama cultural europeo.
Nesta XV edición, co-financiada polo programa INTERREG ES-PT (POCTEP) 2021-2027, foron máis de 180 aqueles e aquelas que responderon ao desafío cos seus traballos de pintura contemporánea. Destas, o xurado escolleu 29 para integrar a exposición que percorrerá varios municipios do Eixe Atlántico, até decembro de 2026. A exposición comezará en Viana do Castelo, que en 2025 é Capital da Cultura do Eixo Atlántico, coa inauguración e a entrega de premios, onde permanecerá patente ao público desde 27 de novembro até 28 de xaneiro.
Esta edición, contou, unha vez máis, co apoio de tres importantes socios do certame, a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, I.P., o Instituto Português do Desporto e Juventude, I.P. e a Xunta de Galicia.