O Coro Académico da Universidade de Minho (CAUM) volve ás escaleiras de Bom Jesus do Monte para celebrar a 23.ª edición de Vozes Sobre a Cidade, o sábado 28 de xuño ás 21:30. A entrada é libre e gratuíta.
Esta edición conta coa participación de Gatuna, a tuna feminina da Universidade de Minho, que promete traer consigo moita enerxía e animación e encher a noite estrelada de boa música.
Para marcar o final do ano académico e o comezo do verán, o CAUM organiza anualmente Vozes Sobre a Cidade, onde lembra o traballo realizado ó longo de todo o período académico.