Se vimos do centro da cidade de Ourense, A Chavasqueira é o primero espazo termal que atoparemos no Paseo Termal do río Miño, só uns poucos metros logo da espectacular Ponte do Milenio.
Trátase dun conxunto de pequenas piscinas ao aire libre construídas en pedra e rodeadas pola vexetación de ribeira do Miño. Os vasos para o baño, nos que a auga rolda os 40° de temperatura, atópanse nunha gran zona axardinada nas marxes do Miño, un lugar perfecto para descansar e tomar o sol.
O espazo conta con vestiarios, aseos e consignas á disposición das persoas usuarias, así coma unha fonte de auga potable. O acceso é gratuito, aínda que existe un límite de capacidade.
A Chavasqueira é das zonas termais máis facilmente accesibles, pois conta con parada de bus urbano e aparcadoiro gratuíto nas inmediacións.