No Termario pódense desenvolver diferentes técnicas en grupo: baños de calor seco e húmido, duchas aromáticas, masaxes tonificantes, jacuzzi, piscina termal relaxante e butacas termais.
A piscina termal cuberta está equipada con chorros de colo de cisne, chorros submarinos e unhas marabillosas vistas á serra do Xurés.
Na planta baixa o cliente pode gozar dun ambiente máis tranquilo para a correcta aplicación da masaxe terapéutica e técnicas estéticas. Ademais das cabinas de masaxe e estética, este espazo tamén conta cun amplo ximnasio no que se poden desenvolver técnicas de fisioterapia.
Características da auga: bicarbonato sódico, clorado, débilmente mineralizado e hipertermal. Temperatura de emerxencia: 77º
Indicacións: Curas crónicas dixestivas, respiratorias, reumatolóxicas, dermatolóxicas e diuresis. Ademais, as características das augas fan que sexan idóneas para o desenvolvemento de tratamentos estéticos e curas contra o estrés.