O conxunto histórico-artístico da vila de Ribadavia foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1947 pola súa gran conservación do patrimonio monumental, histórico e da arquitectura relixiosa, popular e nobiliaria.
No barrio xudeu atoparemos a maioría dos lugares de interese. A cidade está chea de historia, templos románicos e góticos, mansións centenarias e ata un castelo.
Arredor do século XI, durante o reinado do rei don García, Ribadavia converteuse na capital do reino. Este feito, sumado á construción de importantes mosteiros próximos como os de Melón ou San Clodio e á venda do viño do Ribeiro, que xa se vendía por todo o norte peninsular, provocou o rápido crecemento económico da vila de Ribadavia, que atraeu aos primeiros xudeus a establecerse alí.
A primeira vez que hai constancia escrita da presenza de xudeus en Ribadavia é no documento Crónicas Froissant sobre a Guerra dos Cen Anos, onde se menciona que cristiáns e xudeus loitaron xuntos contra o exército inglés do duque de Lancaster.
A partir do século XV comezan a haber máis mencións á presenza xudía en Ribadavia. Fálase da existencia aproximada de 13 familias, é dicir, un núcleo relativamente pequeno.
En 1606, tras a expulsión de boa parte da comunidade xudía, os que pretendían converterse ao cristianismo tiveron que fuxir da persecución que estaba a levar a cabo a Inquisición. A pesar diso, 28 xudeus foron finalmente xulgados en 1608 en Santiago.
A visita ao barrio xudeu comeza no Centro de Información Xudía de Galicia (praza dos Condes de Ribdavia). A continuación, tras un breve paseo polas rúas podemos acceder á Casa da Inquisición; un pazo fortificado con patio renacentista situado na esquina das rúas Xerusalén e San Martiño.
A continuación, podemos percorrer o propio barrio xudeu, desde a Praza Maior ata a Muralla Medieval. Cando chegamos á beira da Xudería atoparemos a muralla do século XII, unha das cinco entradas orixinais a Ribadavia que existían na época medieval.
Por último, se imos á Herminia Tahona, poderemos gozar de doces elaborados ao máis puro estilo sefardí.